O mes pasado nos encontramos con una noticia onde o noso ilustrísimo señor Alcalde ( con foto incluída) nos anunciaba a bombo e platillo:
O Concello da Guarda renova o distintivo de
calidade do SICTED
|
11/04/2013
|
O Sistema Integral de Calidade Turística Española en
Destino (SICTED) é un proxecto promovido por TURESPAÑA e a FEMP que ten por
obxecto promover a calidade dos destinos turísticos.
|
UN ANO MÁIS O CONCELLO DA GUARDA RENOVA O DISTINTIVO DE CALIDADE DO SICTED PARA A OFICINA DE TURISMO E AS PRAIAS DE AREA GRANDE E O MUÍÑO
O Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destino (SICTED) é un proxecto promovido por TURESPAÑA e a FEMP que ten por obxecto promover a calidade dos destinos turísticos. O Concello da Guarda comezou en 2009 a traballar na implantación do sistema de calidade “SICTED. Compromiso de Calidade Turística” que promove Turismo Rías Baixas-Deputación de Pontevedra. O SICTED ten como obxectivo involucrar aos axentes turísticos da provincia nun proxecto de mellora continua para acadar un destino de calidade.O concello aposta na oferta duns servizos de calidade e na súa mellora continuada polo que durante este ano continuarase traballando na renovación o SICTED “Compromiso de Calidade Turística” para a Oficina de Turismo e as praias de Area Grande e O Muíño. Como cada ano en outubro as praias e a oficina de turismo terán que superar unha auditoría na que comproba o compromiso de mellora continuada da calidade que esixe a Secretaría General de Turismo.
Ata qui ben, todo o que sexa polo ben do noso pobo perfecto, sempre estaremos de acordo , pero a cousa e que moito presumir de conseguir este distintivo e logo nos encontramos os puntos estratéxicos do noso pobo en un estado de abandono total.
Como presumir de algo , e logo damos semellante imaxen , estes gobernantes , non sabemos se viven neste pobo ou onde.
En estas condicións e como se encontra o monumento o mariñeiro ( sendo un dos puntos de paso da maioría de visitantes), se isto e do que presume o noso ilustrísimo alcalde estamos ben .
No hay comentarios:
Publicar un comentario