A violencia de xénero é unha
escandalosa realidade que cada día se estende máis e afecta xa a toda a
sociedade. É o claro síntoma de que algo non está ben, de que algo non marcha .
Decenas de mulleres morren cada ano, no noso país, a causa do sexismo, e o odio
dos home. Desta combinación do horror, xorde unha situación na que centos de
miles de mulleres viven baixo a agresión continua, física ou psicolóxica, das
súas parellas ou exparella.As que aínda por fortuna, seguen vivas, sofren cada minuto
as denigrantes picadas do maltrato físico e psicolóxico e as acometidas desas
mil e unha formas de discriminación que as fan tremendamente infelices e extremadamente
vulnerables. Por elas, por todas, polas que xa non están e polas que nos
necesitan, temos que seguir traballando, pechando feridas visibles e invisibles
e creando espazos para o seu benestar, a súa liberdade e a súa realización
persoal.
Sorprendentemente, os causantes deste mal, non son persoas alleas, estrañas ás vítimas. Todo ao contrario, o problema ten a súa orixen, incomprensiblemente, no ámbito máis próximo destas mulleres e polos que din amalas; son os seus maridos, noivos ou parellas os que maltratan as mulleres que, supostamente, máis queren. Son os homes da propia casa, os que provocan tanto dor. A orixe desta violencia hai que buscalo na incapacidade dunha boa parte dos homes para adaptarse aos cambios que cara a unha sociedade igualitaria, está a provocar. Esta situación está moi estendida , e nos casos extremos, desemboca en actos violentos, como a única resposta que estes homes dan ante unha situación que non son capaces de asimilar.
Os agresores, na súa gran maioría, non son homes diferentes, especiais ou enfermos. Son homes comúns, cidadáns típicos, en moitos casos modélicos, amables e recoñecidos na veciñanza e, a miúdo, respectuosos e cordiais no seu traballo. Son homes que basean a súa seguridade persoal en valores que representan o estereotipo tradicional masculino; o poder a través da fortaleza física, a competitividade, a agresividade e un status de superioridade e privilexio con respecto á muller. Son homes que non están a ser capaces de reconverterse cara a un tipo de relacións igualitarias, baseadas no respecto mutuo.
Se os maltratadores se encontrasen cun rotundo non, cun contundente rexeitamento social, a violencia de xénero reduciríase moi considerablemente. A violencia existente no seo dunha sociedade, non é máis que a suma das violencias individuais de cada un dos seus membros; a que cada unha das persoas que a compoñen xera e a que é capaz de tolerar e asimilar. Cada xesto, actitude ou comentario pexorativo e discriminatorio contra as mulleres, aumenta a permisividade e abre o camiño cara aos malos tratos.
Así chegamos á cuestión clave: Parácheste a pensar se podes facer algo máis, do que fas, para loitar contra a violencia de xénero? Esta é a pregunta que lanzamos. A maioría, ata agora, limitámonos a considerar dende a distancia este grave problema, sentíndonos libres de culpa. Pero iso non é suficiente, pois O SILENCIO NOS FAI CÓMPLICES . Que facemos cada un de nós para rematar coa violencia de xénero? é moralmente asumible que a inmensa maioría non nos mobilicemos para rematar con esta praga que nos invade?
Como cada día, como cada semana, como cada mes, como cada ano... como sempre, neste mesmo momento, millóns de mulleres están a ser maltratadas , en todo o planeta.
E iso acontece para vergoña de todos nós.E é así, en gran parte, porque o resto non facemos o suficiente para evitalo.
Chegou o momento de deixar atrás todas as escusas, os inconvenientes, os medos, as reticencias, as comodidades. É a hora de actuar.Non podemos seguir permanecendo ocultos, pretendendo non ter responsabilidade moral ante as vítimas. Debemos alzar a nosa voz e facer chegar á sociedade unha clara mensaxe de rexeitamento absoluto das raíces da violencia, negando calquera razón que a xustifique. Non hai escusa posible. Os homes violentos han de saber que as súas actuacións son inaceptables e que nos estamos a mobilizar contra eles.
Lanzamos dende aquí unha petición a tod@: pedímosvos que non miredes a outro lado, que non sigades tolerando no voso ámbito ningunha situación de violencia, sexismo ou discriminación cara ás mulleres.
É a vosa responsabilidade actuar alí onde se dea ou se prepare o horror. Denunciade aqueles casos que coñezades e apoiade, sen ningunha dúbida, as vítimas pois necesitarán de toda a vosa axuda.

Facédeo por elas e por vós!
Dende INICIATIVA VECIÑAL POR GALICIA queremos unir as nosas
voces para manifestar a nosa repulsa ante esta violencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario