martes, 2 de octubre de 2012


Despois de saír en todos os medios de comunicación presumindo
dous seus grandes logros e  Publicalo na paxina do concello xa fai meses.


Novas obras na Guarda

No concello de A Guarda acometeránse en breve as obras de pavimentación do camiño da Portela en Salcidos e a segunda fase do camiño da Galapa en Camposancos.
Con cargo ó Plan Estratéxico de Infraestructuras do Medio Rural correspondente o ano 2010, o Concello de A Guarda levará a cabo estas dúas obras no rural que suporán un investimento de 46.367,55 € subvencionadas na súa totalidade polo antigo Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Marino e a Consellería de Medio Rural.
Estas actuacións enmárcanse dentro das xa levadas a cabo en anos anteriores como son: Camiño do Outeiro, primeira fase saneamento en Pintán, ancheamento do camiño de Laxes en Buxán e primeira fase camiño da Galapa en Camposancos.
No que respecta o camiño da Portela as obras con cargo o PEIM-RURAL consistirán na pavimentación do tramo alto da rúa que se atopa completamente deteriorado. Asimesmo o Concello procederá previamente á reposición do abastecemento de auga con unha nova tubería que sustituirá a existente de fibrocemento.

A segunda fase do camiño da Galapa contempla o retranqueo dos muros existentes e o acondicionamento do firme.

O concelleiro de Vías e Obras
Miguel A. Español Otero

E así como nos encontramos o camiño a dia de hoxe.













Consistira iso na nova pavimentación de e se tramo.

No nos dirán que o tempo non llo permitiu.



¿ Será esta a nova pavimentación  da rúa?
Isto será o que presumía o noso concelleiro de obras (consistirán na pavimentación do tramo alto da rúa que se atopa completamente deteriorado ), esta e a solución para calar a boca a os veciños, que están a protestar , por o estado no que se encontra o camiño. Estas fotos foron tomadas o dia 12 de Outubro .















¿Esta e por o que se pagou?

No hay comentarios:

Publicar un comentario